Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia

O Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022 (PXRUG), aprobado pola Xunta de Galicia, é o instrumento reitor que permite desenvolver as políticas de residuos en todo o territorio galego. En relación á fracción orgánica dos residuos urbanos, este Plan recolle unha serie de medidas orientadas a impulsar a recollida separada de biorresiduos e con el contráese o compromiso cos máis altos niveis de reciclaxe.

Dito compromiso implica o cumprimento dos obxectivos de reciclaxe establecidos pola Directiva Marco de Residuos e o Plan Estatal Marco de Residuos 2016-2022 (PEMAR) onde se establece que, antes do ano 2020, o 50% (en peso) dos residuos municipais se destinen á preparación para a reutilización e a reciclaxe. Recentemente, o PXRUG foi actualizado para incorporar tamén as propostas establecidas no Paquete de Economía Circular, encamiñadas a pechar o círculo dos materiais, transformando os residuos en novos recursos.

Por outra banda a Directiva Marco de Residuos foi recentemente revisada para fixar obxectivos máis ambiciosos de reciclaxe dos residuos municipais no medio e longo prazo: 55 % para 2025, 60% para 2030 e 65% para 2035. Nesa mesma revisión, inclúese tamén a obriga da recollida separada dos biorresiduos a máis tardar o 31 de decembro de 2023. Na proposta de modificación da Lei 22/2011 de residuos e solos contaminados recóllense xa estes novos obxectivos, adiantando ao ano 2020 a obriga da recollida selectiva da materia orgánica para as entidades locais de máis de 5.000 habitantes.

Sendo a materia orgánica a fracción maioritaria dos residuos municipais xerados (no caso de Galicia, o 42% do total), considérase prioritario acometer actuacións que fomenten a recollida da materia orgánica e a súa correcta xestión.

Dentro de dita xestión da materia orgánica, o PXRUG conta cunha liña estratéxica dedicada en exclusiva ao tratamento axeitado desta fracción, a Liña estratéxica 3, onde está contemplado tanto o axeitado tratamento da fracción orgánica como o posterior uso do produto resultante, o compost. Seguindo esta planificación, dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estanse a implantar experiencias demostrativas co obxectivo de desenvolver distintas alternativas de xestión de biorresiduos e promoción do uso do compost.

Entres estas experiencias demostrativas atópanse:

Que é o compost?

O compost é o produto da descomposición biolóxica e en presencia de oxíxeno de diferentes materiais orgánicos. Este proceso de descomposición denomínase compostaxe e o compost que se obtén como resultado da mesma presenta un aspecto terroso, libre de malos cheiros e de patóxenos, e é empregado como abono en diversas aplicacións.

Máis información

Tipos de compostaxe

Doméstica, comunitaria ou industrial, a compostaxe é o xeito máis estendido de prevención ou tratamento da materia orgánica.

Máis información

Normativa

Coñece a normativa máis relevante en relación coa xestión dos biorresiduos de orixe municipal.

Máis información